¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles
Entrega de premios do Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa

ENTREGA DE PREMIOS DO CIRCUÍTO DE CARREIRAS BARBANZA AROUSA



"Catro carreiras, unha meta" o circuíto de carreiras que une aos municipios de Barbanza Arousa

Rianxo, 10 de abril de 2025


Este xoves 10 de abril ás 19:30h tivo lugar a entrega de premios das persoas gañadoras na sétima edición do circuíto de probas populares de Barbanza Arousa no auditorio de Rianxo.

Entregaranse premios ás distintas categorías gañadoras nos circuítos celebrados nos catro concellos da comarca: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.

Os premios a entregar foron ás categorías absolutas, sub-10, sub-12, sub-14, sub-16, sub-18, sénior, grupos máster femininas e masculinas, clubs federados e asociacións, e á categoría de conciencia social destinada a persoas con diversidade funcional, “sapatilla inclusiva”

O acto estivo conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e contou coa intervención da monologuita galega Leti da Taberna.

Nesta edición os trofeos entregados estaban realizados nun material de plástico reciclado, en consonancia coa estratexia global da mancomunidade de fomento da sustentabilidade en todos os eidos.

O Circuíto de carreiras populares Barbanza Arousa “4 carreiras, 1 meta” ten por obxectivo fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

O Circuíto conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estivo organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Barbanza Arousa: A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Rianxo e Boiro.


COMPARTIR

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar